Para nós é algo persoal


Por Sarah Tuttle-Singer

América, mentres acordas, durante o café do teu domingo pola mañá, teño que dicirche algo:
Catro soldados foron asasinados hoxe en Xerusalén.
Os seus corpos foron esmagados baixo un camión.
Outros moitos resultaron feridos... un deles está nestes momentos na UCI loitando duro para tentar vivir.
Os seus camaradas choraron e se abrazaron, e choraron e oraron mentres o seu comandante berraba: "Non miredes! Non miredes!" 
E aqueles que aínda podían afastarse, afastáronse.

Tes que entender algo, non coñezo a un só israelí que non tome isto coma algo persoal. Este país é tan pequeno que todos coñecemos a alguén que foi asasinado ou foi mutilado nunha guerra ou nun ataque terrorista. Isto non é un títular ou unha anécdota para nós.
Estas son as persoas coas que nos sentamos ao seu carón no tren esta mañá, ou fixemos cola no café Aroma. Sentaron connosco no funeral do noso tío hai tres meses, bailaron connosco na voda do noso curmán en maio pasado.
Este lugar é tan pequeno e tan denso que cada vez que nos relaxamos o suficiente para poder respirar un pouco, sucede outra vez... e doe tanto nese lugar xusto debaixo das costelas que até temos medo de respirar de novo demasiado profundo.
E así sucede cada vez.

Así que por favor, pensa en nós agora mesmo onde queira que esteas. Pensa nos catro mortos, nas súas familias, nos seus amigos e nos que os coñecían... e pensa tamén no corazón crebado dunha nación que está tamén conmocionada.

Comentarios