“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

domingo, setembro 11, 2016

Deputada xudía inglesa sofre ameazas de morte


A deputada laborista británica foi posta con protección policial despois de recibir ameazas de morte antisemitas. Ruth Smeeth, 37 anos, membro do Partido Laborista, manifestou á prensa que ela "considera ao líder do partido Jeremy Corbyn persoalmente responsábel polas accións de seus defensores". A mensaxe que recibiu acusaba a deputada repetidamente de que Smeeth é unha "Yid" e dicía que "a forca sería un lugar bo e adecuado" para Smeeth, segundo informa o Jewish Chronicle.

A ameaza de morte tamén expresaba un forte apoio a Corbyn, que actualmente está nunha dura pugna para permanecer no seu posto como líder do partido da esquerda británica. Smeeth supostamente recibiu milleiros de mensaxes insultantes ou antisemitas nas redes sociais e viuse na obriga de instalar cámaras de vixilancia na súa casa, segundo informa o Chronicle. "Espero que Jeremy mostre liderado, o que significa chamar a esta xente polo nome e dicir que o que están facendo é inaceptábel", dixo Ruth Smeeth ao xornal británico Sun. "Jeremy Corbyn debe levantarse claramente e dicir basta. Porque o que ten feito ate agora está moi lonxe de ser suficiente."

quinta-feira, setembro 08, 2016

Unidades de Hezbollah se reagrupan na fronteira no Golán




Debka - 07.09.2016

Unha gran forza de Hezbollah, apoiada polo exército sirio e as milicias chiítas prol iranianas, está a acumularse fóra de Quneitra, a só 2 km da fronteira do Golán de Israel. Os combatentes chiítas libaneses, baixo o mando de oficiais da Garda Revolucionaria de Irán (IRGC), están a avanzar cara ao sur de Siria, armados con tanques e artillaría.

A noite do luns, 5 de setembro, medios de comunicación controlados polo Estado iraniano arroxaron luz sobre este movemento, informando de que a forza combinada había "completado os preparativos necesarios para unha ampla operación no sur de Siria", agregando que "Hezbollah ten como obxectivo pór fin á presenza de homes armados na zona próxima á fronteira". A natureza dos "homes armados" non se especificaba, pero o obxectivo da nova operación era claro: despois de desaloxar aos diversos grupos anti-Assad, incluíndo o Estado Islámico, que situaban no territorio "próximo á fronteira", Hezbollah e os seus aliados planean reagruparse na fronteira sirio-israelí.

Isto posibilitaría a Irán e Hezbollah para realizar o seu deseño de hai xa seis anos de abrir unha segunda fronte de guerra contra Israel. Fontes occidentais e do Oriente Medio afirmaron a Debka que o exército irano-sirio-libanes está de moi bo humor despois da operación exitosa da semana pasada en Aleppo. Arrebatando de novo partes da cidade que perderon a mediados de agosto, o exército sirio e os seus aliados lograron cortar as liñas de abastecemento dos rebeldes desde Turquía.

Foi entón que algunhas unidades de Hezbollah foron separadas de Aleppo e redirixidos á parte dianteira de Quneitra, no sur de Siria, para facer fronte á fronteira con Israel. 

Esas fontes informan de que tropas entrantes foron vistas esta semana cando chegaron a Madinat al-Baas e Khan Amabeh, as principais bases do exército sirio no Golán sirio. Chegaron con tanques e artillaría pesada. Vistas por primeira vez no sector de Quenitra, están as baterías autopropulsadas -de artillaría KS-19, unhas armas anti-aéreas rusas adaptadas para a loita en terra. Teñen un alcance de 21 quilómetros e unha capacidade de disparo de 15 proxectís por minuto.

A forza de Hezbollah recentemente chegada parece establecer que o seu primeiro obxectivo será a captura da el-Hamdiniyah, en mans rebeldes, a 2 km da fronteira con Israel. Fontes militares comentáron a Debka que os medios de comunicación iranianas achegan fotos das forzas de seguridade de Israel fronte a Quneitra nos informes sobre o novo movemento, enmarcando así a meta do exército sirio-iraniano con respaldo de Hezbollah.

Este rápido desenvolvemento expón dúas difíciles preguntas difíciles:
1/ Israel adaptarase o establecemento declaradamente hostil de Hezbollah e Irán no territorio ao longo da súa fronteira oriental? Funcionarios israelís subliñaron en repetidas ocasións que non se permitiría que estas forzas tomen posicións na fronteira Golan, unha mensaxe que Rusia certamente comunicou a Damasco.
Se Hezbollah e os seus aliados seguen coa súa planificada ofensiva, Israel terá que considerar unha acción militar potente e seria para evitar que cheguen ao valado fronteirizo, é dicir, unha operación a unha escala moi diferente dos pequenos disparos de represalia do IDF polos foguetes ou proxectís errantes alén no Golán consecuencia da loita no outro lado da fronteira.
2/ Podería seguir avanzando a forza iraniana sen a cobertura aérea de Siria? Se o fai, a forza aérea israelí tamén estará involucrada no combate aéreo sobre o Golán.

quinta-feira, agosto 04, 2016

RTVE e os seus 8 millóns de palestinos


O programa RTVE "A punto con La 2" (Min 0:40) emitiu unha reportaxe da ONG Alianza pola Solidariedade cuxo obxectivo era supostamente denunciar os malos tratos do que son vítimas as mulleres en Gaza.
Pero os datos son errados desde a mesma presentación.
Sobre imaxes de guerra e cun fondo de música dramática a ONG informa:
"Oito millóns de persoas viven en situación de ocupación en Palestina"
8 millóns?

Segundo a Oficina Central de Estatísticas da Autoridade Palestina, en 2016 a poboación total dos territorios é de 4,816,503 persoas.
Ou sexa uns 3 millóns menos do que afirma esa ONG.
Se ademais temos en conta que a Franxa de Gaza non está ocupada desde 2005 por Israel cando retirouse unilateralmente da Franxa, deberiamos subtraer a esa cifra 1,881,135 gazatíes. Co cal quedamos xa cuns 2,935,368 de palestinos "en situación de ocupación". 5 millóns de diferenza.
Os realizadores non foron nin sequera quen de comprobar os datos, así que nos podemos facer unha idea do rigor dunha reportaxe que non busca analizar a situación das mulleres palestinas, senón culpar aos israelís da violencia machista que estas sofren.
De feito, é a activista palestina de Dereitos Humanos Hanan Abu Ghoush declara na reportaxe que:
"na nosa cultura aínda perdoase a quen mata a unha muller",

Pero cando a directiva da ONG é entrevistada en estudio e pregúntaselle respecto desa aseveración, non dubida en tirar balóns fóra e afirmar que os palestinos ven os malos tratos ás mulleres coma "un mal menor polo feito de vivir unha ocupación continuada".
Ou sexa que a activista palestina alerta dun problema interno da sociedade palestina, pero a ONG que seica pretende estar para axudala, non quere nin oir falar da realidade, tan só queren oir falar de "ocupación como causa do machismo árabe".
Tanto na reportaxe como na entrevista posterior en RTVE confúndese Gaza con Cisxordania; viaxan dun a outro sen aclarar as diferenzas entre ambas rexións: políticas, sociais, culturais e/ou económicas.
Tan só menciónase a Hamás unha soa vez, para dicir que "hai un conflito político entre diferentes faccións".
Sen dúbida Hamás ten algunha influencia na vida das mulleres en Gaza, en tanto que goberna seguindo a súa axenda islamita e impón leis que segregan ás mulleres a través dos seus códigos de conduta, de vestimenta, etc... No entanto, iso non é algo que pareza interesarlle a RTVE ou á devandita ONG.
Quéixase a entrevistada de que a raiz dos enfrontamentos con Israel, a economía está destruída, e que "ao non entrar materiais de construción a reconstrución é superlenta".
Pero contrariamente ao que afirma a representante da ONG , o bloqueo si se aliviou e si entran materiais de construción. Senón, que llo pregunten a Hamás, que non ten problemas para reconstruír a boa velocidade os seus túneles para poder atacar a Israel. E mesmo a levar aos nenos para mostrarllos.
Pero o contexto brilla pola súa ausencia. Porque aínda que a reportaxe supostamente trata da violencia contra as mulleres en Gaza, cóntasenos que hai ataques de Israel, e que Israel bombardeou escolas. Pero non nos contan que hai ataques contra Israel, nin que Hamás usaba esas escolas como centros de almacenamento de munición ou como lugares de ataque, convertendo as instalacións en obxectivo militar.
Non ten sentido ir desmontando un a un os tópicos (que inclúen o hit "o maior cárcere ao descuberto" e os erros da reportaxe e da entrevista, que non menciona nin os crimes de honra, nin a responsabilidade dos gobernantes, nin os problemas culturais, etc...
O maior erro é utilizar a escusa dos dereitos humanos, para producir un programa máis de propaganda anti-isralí. Confusa, que mestura datos e cunha falta de rigor rechamante.
Obviamente as situacións de violencia, crean situacións de maior violencia e tolerancia a esta, pero se a reportaxe pretende denunciar os malos tratos ás mulleres, debería explicar os malos tratos das mulleres, e non irse a buscar eternos culpables externos, descontextualizando, omitiendo, e con crasos erros factuales.

terça-feira, agosto 02, 2016

Kurdistan e Israel: unha alianza estratéxica

Amina Hussein

Por Amina Hussein*, (xornalista kurda residente en Barcelona) e Andreu Barnils

Vilaweb - 30.07.2016 


“No pasado, a cuestión dun estado curdo independente considerábase causa de guerra. Non había máis que dicir “Kurdistán” para que a xente se puxera nerviosa. Se o Iraq divídese, cousa que semella inevitable, os curdos son os nosos irmáns”. Estas palabras, publicadas no diario Financial Times o 27 de xuño de 2014, pronunciounas Shimon Peres, daquela presidente de Israel. E aínda máis: Benjamín Netanyahu, o actual primeiro ministro israelí, mantén o espírito daquelas declaracións: “Damos todo o noso apoio a un estado independente curdo”, dixo nalgunha ocasión. Pero que hai detrás desta simpatía israelí cara aos curdos?

Relacións económicas e militares

O goberno da Rexión Autónoma norteña do Iraq (KRG) nega que teña relacións económicas con Israel. Sobre a venda de petróleo, din: “Nós vendemos petróleo a mercados internacionais. Tanto nos ten quen o merque. A cousa que nos importa é poder armar as nosas forzas curdas de Peshmerga”. Estas declaracións asemellanse ás que fixo en 1970 o Sha de Persia, nunha entrevista nun medio italiano sobre a venda de petróleo iraniano directamente a Israel. Segundo un informe publicado polo Financial Times o 24 de agosto de 2015, Israel merca no Curdistán Iraquí o 77% do petróleo, que equivale a 19 millóns de barrís.

En canto á venda de armas israelís ao goberno curdo, Israel é considerado o único país da zona cunha produción de armamento e actualmente o pobo curdo é o único que ten unha guerra aberta contra o autodenominado Estado Islámico (ISIS). Os curdos son os que máis diñeiro invisten na compra de armas. Segundo algunhas fontes consultadas, mesmo pode suceder que Israel estea a adestrar peshmergas. E aínda máis: hai moitos voluntarios israelís loitando cos curdos contra ISIS, unha información que foi negada  por Falah Mustafa, o ministro de Asuntos Estranxeiros da KRG.

Mustapha Barzani en Israel

Relacións históricas entre o pobo xudeu e o pobo curdo

Xudeus e curdos son dous pobos que se consideran minoría no Levante. Aos uns e aos outros negouselle os seus dereitos de autodeterminación durante décadas. Aínda así, mentres os xudeus conseguiron o seu soño e deron forma ao Estado de Israel, os curdos persisten na loita para gozar dun estado independente.

Os víencellos entre israelís e curdos iraquís teñen unha historia moi longa. Cando os curdos rebeláronse contra a arabización do seu territorio por parte do réxime de Baas, Mustafa Barzani, pai do actual presidente, estableceu un primeiro contacto con Israel. Era o ano 1963. Os servizos de inteligencia israelís do Mossad proporcionaron armas, diñeiro e apoio de intelixencia aos curdos. Hai unhas cantas imaxes que confirman a visita de Barzani a Israel e tamén algunhas reunións co ministro de Defensa de entón, Moshe Dayan.

Israel está rodeado de países que non recoñecen a súa existencia. Quere ter vencellos con pobos da zona que non sexan nin árabes nin turcos nin persas. Nos anos 70, cando o pobo curdo de Iraq loitaba contra o réxime de Baas, o primeiro ministro israelí, Menahem Begín, apoiou á loita curda. Desde o punto de vista israelí, os curdos son vítimas das políticas árabes, comparables a opresión que tivo que soportar o pobo de Israel.

Despois da campaña xenocida do réxime de Baas contra os curdos, que lembrou o xenocidio dos xudeus europeos, Israel reclamou con urxencia que se outorgase autonomía aos curdos norteños de Iraq. Esta autonomía reforzouse despois da invasión norteamericana de Iraq no ano 2003. Desde entón, as autoridades do goberno curdo de Iraq mantiveron relacións cordiais cos seus veciños, incluído Israel.

O éxito da KRG considérase un “perigo” para a maioría dos estados da zona, porque ensina ás minorías étnicas e nacionais que poden conseguir aquilo que anceian. Por outra banda, o goberno israelí, prevendo a posibilidade de ter que facer incursións a Irán, mira o territorio curdo coma un aliado contra un inimigo común.

Relacións actuais

As relacións entre curdos e israelís reforzaronse despois da invasión iraquí de Kuwait e as accións contra os curdos do norte de Iraq por parte do réxime de Saddam Husein. As organizacións xudías de todo o mundo comezaron cunha intensa campaña para reclamar axuda e solidariedade en favor dos curdos e pedir nos Estados Unidos que este fixera presión sobre Iraq. Ademais, activouse unha poderosa propaganda que beneficia a relación de EE.UU. co pobo curdo.

Despois da invasión norteamericana contra Saddam Hussein, a prensa turca dicía que Israel apoiaría á división de Iraq e que Massud Barzani encabezaría un estado curdo independente ao norte do país. Por outra banda, e despois do ataque israelí ao convoi turco da flotilla da liberdade ou Mavi Marmara, as relacións entre Turquía e Israel conxeláronse. Ademais, o Partido de Xustiza e Desenvolvemento (AKP) de Turquía mantén relacións moi estreitas con Hamàs, que Israel considera unha organización terrorista. Este empeoramento da alianza entre Turquía e Israel favorece tamén a boa relación israelí coa KRG.

Sen dúbida, a caída do réxime de Iraq e a creación da autonomía curda ao norte do país foi o comezo dunha nova etapa das boas relacións entre Israel e a KRG.

sábado, julho 30, 2016

LA SEXTA autocensúrase para non molestar ao grupo terrorista islamofascista de Hamás.


O pasado domingo día 24 de xullo, LA SEXTA televisión emitiu no seu informativo do mediodía unha pequena reportaxe sobre "las normas de Hamás con las mujeres".

O incribel é que posteriormente a cadea LA SEXTA decidiu sorprendentemente retirar a reportaxe da súa web, das redes sociais de LA SEXTA e que o propio editor de informativos da fin de semana Miguel Arroyo, chegou a pedir desculpas a través do seu twitter persoal polo que cualificou de "un error injustificable":
"Pedimos disculpas por este error injustificable. Se procede a retirarlo de web y redes sociales https://twitter.com/MArroyoLazcano/status/757673514635816960

LA SEXTA autocensúrase para non molestar ao grupo terrorista islamofascista de Hamás.

Recibiron ameazas de morte os traballadores ou directivos de LA SEXTA? Se foi así deberan denuncialo publicamente e na policia. Se non recibiron nungunha ameaza de morte por parte do "Movemento de Resistencia Islámica HAMAS", entón a cousa é moito máis grave. Porque é complicidade coa situación de asoballamento e opresión das mulleres palestinas sob o dominio totalitario de Hamás na Franxa de Gaza.


Se isto é "progresismo" que será entón "reaccionario"? Lamentable e rexeitable a actitude de LA SEXTA.

De todos xeitos foi posibel acceder ao texto que acompañaba a reportaxe autocensurada (http://webcache.googleusercontent.com/search…) e cuxa transcripción íntegra da locución do mesmo tamén copiamos e pegamos de seguido:

***********************************


TITULAR :
Prohibido montar en moto, pasear por la playa, fumar... las normas de Hamás para disciplinar el cuerpo de las mujeres
SUBTÍTULO:
Las nuevas normas del gobierno de Hamás suponen una larga lista de prohibiciones para las mujeres con las que se pretende disciplinar su cuerpo, lo que perpetúa un encierro que se torna en encarcelamiento.
CUERPO: Entre las prohibiciones para las mujeres del nuevo gobierno de Hamás se encuentra la de montar en moto, ni siquiera de paquete con sus maridos.
También queda prohibido pasear por la playa o cortarse el pelo en peluquerías con hombres. Tampoco se les permite fumar, y hacerlo con las piernas cruzadas tiene, además, connotaciones sexuales y debe ser evitado.
Queda también prohibido caminar por la calle acompañada de un hombre si no se puede demostrar que es esposo, hijo, padre o hermano.
La larga lista de prohibiciones perpetúa una sociedad machista que recluye a la mujer en casa y es ahí donde el 40% de mujeres sufre la violencia por parte de algún familiar.
laSexta.com | Madrid | Actualizado el 24/07/2016 a las 18:55 horas

quinta-feira, junho 23, 2016

Charla-coloquio en Vigo: "Israel no Medio Oriente"


"Israel no Medio Oriente"

Unha visión da situación actual e das prespectivas de paz de Israel no actual Medio Oriente así como un repaso e balance de tres décadas de relacións diplomáticas entre España e Israel (1986 - 2016)

Charla-coloquio que terá lugar o vindeiro martes día 28 de xuño ás 20h no Salón de Actos do Hotel México en Vigo.

Interveñen:
Hamutal Rogel Fuchs, portavoz da Embaixada de Israel en España
Yinam Cohen, ministro-conselleiro da Embaixada de Israel en España

Presenta:
Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI